O Preguizoso é unha pequena cafetería en pleno casco histórico de Santiago de Compostela, e estamos especializados en almorzos e merendas caseiras do máis variadas, e con moitas opcións veganas.
Toda a nosa carta está inspirada nas nosas experiencias vitais, e está elaborada con moito mimo e compromiso cos productos. Asegurando iso a calidade final do que vos chega a mesa.
O noso café e o Blend White de Coffee Spirit, que e un exclusivo multiorixe (Guatemala, Honduras e Etiopía) cun grado de especialidade suave lavado, conseguindo unha excelente combinación de atributos, que dan como resultado un espresso complexo de sabor, afrutado, sedoso e limpo.
¿Que é un café de especialidade? O término foi utilizado por primeira vez no 1974 por Erna Knutsen, considerada a madriña do café de especialidade, porque abogou incesantemente polos valores de calidade, identidade e distinción no café.
Un café de especialidade debe ter cualidades que requiran dun alto nivel de calidade no manexo do cultivo, na colleita, no beneficio, torrado, e por suposto na súa elaboración final. Ademáis, a Finca debe ter responsabilidade social e ambiental, dando lugar a un producto de orixe sostible, con total trazabilidade, carácter singular e sabor único. Debe estar ausente de defectos primarios e superar os 80 puntos nunha escala de 100. Resultado que otorga o CQI e a SCA.
Os nosos productos e proveedores
Todos os nosos productos son das calidades máis altas e os nosos proveedores nos aseguran benestar animal, compromiso medioambiental e social. A unión de todos os factores fan que o resultado final sexa un producto mimado con sabores moi particulares.
Traballamos con pequenos productores locais como poden ser Kalekói, que nos proporcionan leite fresco dunha calidade altísima ou os seus iogures con leite A2. Tamén e o caso dos ovos das galiñas máis mimadas de Castro Serantes.
Tamén contamos con empresas ao outro lado do charco que nos traen, por exemplo, as mellores frutas tropicais, maduradas baixo o sol de Brasil e recollidas no seu punto óptimo, para que poidamos degustar de zumes naturais como se fosen recién recollidos da árbore.